Noticias
16 de marzo de 2010
Estrea madrugadora para o Burela FSF na Copa de España Ourense 2010

Ao Burela FSF Pescados Rubén tocaralle madrugar na súa estrea da XVI Copa de España (Ourense, 9-11 abril). Os cuartos de final enfrontarán o cadro laranxa co Femesala Elche o venres 9 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón dos Remedios.

O das pupilas de Javier Pardeiro será o segundo encontro da xornada inaugural da Copa. Dúas horas antes dará comezo a primeira cita, Cajasur Córdoba-Diamante Rioja, de onde sairá o rival das mariñás en semifinais (sábado 10, ás 17.00 horas), no caso de que o Burela FSF resulte triunfante na súa batalla co Femesala. Pola tarde será a quenda para FSF Móstoles Cospusa-UCAM Murcia, ás 17.00, e Ponte Ourense-Atlético de Madrid Navalcarnero, ás 19.00; os gañadores clasificaranse para a segunda semifinal do sábado (19.00).

A gran final da décimo sexta edición da Copa de España arrancará ás 12.00 do domingo 11.


Localización: Pavillón municipal dos Remedios

 

Venres 9 de abril – CUARTOS DE FINAL

10.00 horas: Cajasur Córdoba-Diamante Rioja
12.00 horas: Femesala Elche-Burela FSF Pescados Rubén
17.00 horas: FSF Móstoles Cospusa-UCAM Murcia
19.00 horas: Ponte Ourense-Atlético de Madrid Navalcarnero

 

Sábado 10 de abril – SEMIFINAIS

17.00 horas: Vencedor do 1º partido-Vencedor do 2º partido
19.00 horas: Vencedor do 3º partido-Vencedor do 4º partido

 

Domingo 11 de abril – FINAL

12.00 horas: Vencedor da 1ª semifinal-Vencedor da 2ª semifinal

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores