Noticias
18 de marzo de 2010
O cadro de Suso Rey recibe o Arenas Gáldar coas ausencias de Revilla e Manu

O cadro de Suso Rey recibirá este sábado o Colegios Arenas Gáldar, cuarto clasificado do Grupo Norte, coas ausencias de Revilla, por unha escordadura de nocello, e Manu, inmerso con Galicia Sub-18 na final do nacional de Melilla. O encontro arrincará ás 18.30 horas, en Vista Alegre.

A vixésimo quinta xornada de Prata preséntase para el Burela FS como unha boa oportunidade de consolidar a súa segunda praza, ostentada con 45 puntos, e incrementar a brecha co terceiro, Gijón-El Llano (39), ao que lle toca descansar. Non obstante, a parada dos asturianos tamén supón un aliciente para o Gáldar, posto que, cos seus 38 puntos, un resultado a favor podería proporcionarlle a titularidade provisional do terceiro posto, antes do seu descanso da vindeira xornada.

No cumio Norte, ao líder talaverano (50 puntos) tócalle recibir o sexto clasificado, Extremadura Delta Badajoz.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores