Noticias
20 de marzo de 2010
Reparto de puntos no duelo entre o Burela e o Gáldar

Burela e Gáldar selan un empate a catro tantos nun partido no que a figura do porteiro-xogador marcou o desenvolvemento do choque. Ambos os conxuntos iniciaron o choque cun respecto mutuo evidente pero o equilibrio disipouse cando Juanma materializou unha falta, minuto 4.

Os laranxas comezaron a xerar perigo na meta defendida por Óscar que sufriu a efectividade local xa que Revilla, dúbida ata última hora, logrou bater a meta canaria cun forte disparo e Javi Rodríguez asinou o 3-0 nunha contra guiada por Cristian, minutos 7 e 8 respectivamente. A partir dese instante, o Gáldar apostou pola opción de porteiro-xogador e pronto comezou a recoller os seus froitos; na primeira acción Néstor xa recortou diferenzas (3-1) e, pouco despois, Jesús establecía o 3-2. Os visitantes mantiveron a súa aposta aínda que o Burela axustou o seu defensa e minimizou o perigo amarelo que se foi diluíndo co paso dos minutos.

No minuto 18, Edu logrou o 4-2 que levou a tranquilidade á bancada local. Tras deter un balón o gardameta laranxa enviou un dardo preciso coa súa zurda para lograr unha diana perfecta. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación o guión permaneceu invariable. O Gáldar xogando de cinco e con posesións eternas que impedían ao Burela ter continuidade no xogo ofensivo. Curiosamente, o 4-3 chegou nun contragolpe que executou Jesús cun potente disparo.

O choque mantiña a tensión polo resultado pero comezaba a resultar soporífero para o espectador xa que o Gáldar xogando de cinco esperaba un erro, por desesperación, dos laranxas e logrou o seu obxectivo. Tras un mal pase atrás dos canarios, o Burela buscou a presión arriba que Aitor, nunha grande acción individual, logrou despexar e finalizar para establecer o empate final. Restaban nove minutos de encontro pero nada cambiou ata o asubío final.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores