Noticias
22 de marzo de 2010
Os burelistas Manu e Juan regresan á casa como subcampións de España Sub-18

Os burelistas Manu e Juan regresaron onte de Melilla como subcampións de España Sub-18 vestindo a camisola galega, tras caer na final do Campionato de Seleccións Territoriais por un axustado 6-5 ante Madrid. O combinado de Galicia quedou ás portas do título despois de realizar unha excelente final, aínda que si que se puido facer co Trofeo de Xogo Limpo.

O cadro de Santiago Valladares conseguiu clasificarse para a gran cita despois de impoñerse a Cataluña (5-2) e Melilla (3-0). Pola súa banda, os madrileños empataron con Castela A Mancha (4-4) e gañáronlle a Andalucía (6-3).

Os galegos tiveron forza e coraxe para remontar o 3-0 co que Madrid os avantaxaba aos 15 minutos do comezo. O xogador do Burela FS, Manu, foi o responsable de igualar o marcador 4-4 tras o descanso. Con rápidos contragolpes por ambas as dúas partes, o encontro volveu inclinarse do lado de Madrid, con dous novos tantos; non obstante, a selección irmandiña continuou presionando. No minuto 38, chegou o 6-5 para os galegos, que non tiveron nin tempo nin fortuna para máis.

 

Ficha da final

MADRID: Iker, Fran Conde, Javi Alonso, Álvaro e Kike, no cinco inicial; tamén xogaron Pablo, Borja, Álvaro, Josema e Iván.

GALICIA: Marcos, Óscar, David, Ángel e Jorge, no cinco inicial; tamén xogaron Manu, Antonio, Adrián e Pablo.

GOLES: 1-0, Fran Conde, minuto 2; 2-0, Fran Conde, minuto 4; 3-0, Pablo, minuto 15; 3-1, Pablo, minuto 16; 3-2, David, minuto 17; 3-3, Óscar, minuto 18; 4-3, Fran Conde, minuto 19; 4-4, Manu, minuto 21; 5-4, Álvaro, minuto 25; 6-4, Álvaro, minuto 36; 6-5, Ángel, minuto 38.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores