Noticias
23 de marzo de 2010
A Pataca Naranxa tamén estará en Avilés

Baixo o lema ‘Mareona Naranxa, todos xuntos por unha ilusión’, a peña A Pataca Naranxa anima a toda a afección do CD Burela FS a viaxar a terras asturianas para apoiar o equipo mariñán no seu enfrontamento ante o Avilés Oquendo, o 27 de marzo, ás 17.30 horas, no complexo deportivo Xoán XXIII.

A Pataca Naranxa empraza a todos os seus socios e socias para unha saída conxunta o vindeiro sábado, ás 15.00 horas, dende a estación de servizo de Burela.

Segundo explicou Juan Izquierdo, presidente da Pataca, “a peña facilitaralles aos socios/as a entrada para o encontro de forma gratuíta e tamén disporá de prazas libres nos vehículos dos socios/as para aquelas persoas que estean interesadas en asistir ao partido e non teñan xeito de desprazarse”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores