Noticias
26 de marzo de 2010
Os pupilos de Suso Rey visitan o desafortunado Avilés Oquendo

Os pupilos de Suso Rey visitan mañá, na vixésimo sexta xornada de Prata, a pista do desafortunado Avilés Oquendo, un rival que xa encadea catro derrotas consecutivas. O encontro dará comezo ás 17.30 horas, no Complexo Deportivo da cidade asturiana.

O Burela FS buscará a vitoria antes do descanso de Semana Santa para conservar a renda da segunda praza (46 puntos) cos rivais máis próximos, Colegios Arenas Gáldar (39) e Gijón-El Llano (39), e non aumentar a distancia co líder talaverano (53). Pola súa banda, os avilesinos, cun comezo ligueiro espectacular, intentarán resistirse á arte laranxa para non deixar escapar a súa décima posición (28 puntos).

Os laranxas atoparanse cun equipo tocado animicamente; ás súas catro derrotas consecutivas, hai que engadir que nos últimos dous encontros quedaron coa cuadrícula baleira (Cáceres 0-4, Illescas 5-0).

Nas filas laranxas, Revilla, cunha escordadura de nocello, será a única dúbida para mañá. O Avilés non poderá contar con Quinha, que cumprirá o segundo e último partido de sanción por interromper unha xogada, con ocasión manifesta de gol, ante o Cáceres 2016.

Nesta cita, o cadro mariñán volverá contar co apoio da súa fiel afección. A peña A Pataca Naranxa xa confirmou a presenza de máis de medio cento de afeccionados/as nas bancadas asturianas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores