Noticias
26 de marzo de 2010 Foto: Xacobeo 2010 Lobelle
Presentación do encontro polas vítimas de Haití Galicia-Libia

O Multiúsos Fontes do Sar de Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación do amigable que disputarán as seleccións de Galicia e Libia en Burela o vindeiro luns, 29 de marzo (21.00 horas). O acto, encabezado polo vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, José Antonio Lobelle, tamén contou coa presenza do secretario da entidade, Diego Batalla; o coordinador autonómico de Cruz Vermella, Joaquín Varela; e o directivo do CD Burela FS José Luis Sáez Castro.

Coincidindo co seu centenario, a Federación Galega de Fútbol organiza o devandito encontro a beneficio da Cruz Vermella polas vítimas do terremoto de Haití, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego, o Concello de Burela e o CD Burela FS. A entrada terá un prezo simbólico de 3 euros.

A Selección Galega Absoluta de Fútbol Sala volverá reunirse baixo as ordes do transportista Bruno García e do burelista Javier Pardeiro por unha boa causa, despois do seu debut en 2008 ante Uruguai, para medirse ao actual campión de África, que dirixe o galego Pablo Prieto, ex-director deportivo do Azkar Lugo.


Convocatoria laranxa. Cinco dos integrantes da selección irmandiña para a segunda cita da súa historia pertencen ao CD Burela FS. O adestrador do equipo feminino, Javier Pardeiro, e os xogadores Juanma, Revilla e Edu repiten experiencia; como novidade, o técnico do equipo masculino laranxa, Suso Rey, asumirá as tarefas de preparador físico.

Na convocatoria de Bruno García e Pardeiro tamén foron reclamados Toni, Adri e Hugo, do Azkar Lugo; Pola, Luis e Juan Puertas, do Xacobeo 2010 Lobelle; Canoli e Pablo, do Parrulo; David e Víctor, do Cidade de Narón; Edu, do Carballiño FS; e Manu, do Noia.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores