Noticias
28 de marzo de 2010
O equipo feminino volve á senda do triunfo en Vista Alegre (4-3)

O Burela FSF Pescados Rubén recuperou a sensación da vitoria en Vista Alegre ante o Teldeportivo FSF Preconte, logo dun encontro disputado ata o final. As de Pardeiro comezaron adiantándose no marcador con goles de Ro e Lucía, nos minutos 4 e 8. Pero pouco lles durou a alegría ás laranxas, que vían como primeiro Nira (2-1. Minuto 10) e inmediatamente despois Muni (2-2. Minuto 11) empataban a contenda mediado o primeiro tempo.

O numeroso público que asistiu a Vista Alegre para presenciar o encontro tivo que esperar ata o minuto 16 para ver ao Burela FSF adiantarse de novo no electrónico, por mediación de Lidia (3-2). Lucía volvía anotar no 17 (4-2) e só Muni sería capaz xa de mover o marcador para as canarias no 37. Vitoria merecida e traballada para un equipo laranxa que encara xa a conta atrás para a súa participación na Copa de España.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores