Noticias
6 de abril de 2010
O Concello de Burela ofrece unha recepción a Manu e Juan como subcampións de España Sub-18

Os xogadores do Burela FS Manuel Jiménez e Juan Quiroga foron recibidos esta tarde no consistorio burelao pola concelleira de Deportes, Neves Cando, nunha homenaxe polo recente título de subcampións de España acadado coa Selección Galega Sub-18, o pasado 21 de marzo. No acto tamén estiveron presentes o directivo da entidade Marcelino Luna e o director da escola deportiva, Alfonso Mera.

Neves Cando loou o traballo dos futbolistas laranxas co combinado autonómico e fíxolles entrega duns pequenos agasallos como recordo da homenaxe.

Manu e Juan contribuíron para que Galicia se alzase co título de subcampioa de España Sub-18 e o Trofeo ao Xogo Limpo en Melilla, hai un par de semanas. Grazas á súa calidade e entrega, o conxunto irmandiño plantouse na final, ante Madrid (6-5), despois impoñerse con claridade a Cataluña e Melilla.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores