Noticias
8 de abril de 2010
Javier Pardeiro seguirá á fronte do Burela FSF a vindeira tempada

Javier Pardeiro continuará unha tempada máis na súa casa, nas filas do CD Burela FS, á fronte do ambicioso proxecto feminino. Esta mesma mañá, unhas horas antes do debut na Copa de España, o técnico burelao foi recibido polo vicepresidente do club, Manuel Blanco, para asinar a súa renovación coa entidade laranxa para 2010-11.

Pardeiro séntese “con ganas de asumir un novo reto na elite do fútbol sala feminino”. “Estamos vivindo un debut de soño. Superamos todas as expectativas na nosa primeira tempada en Honra e teño todas as miñas ilusións depositadas en seguir medrando con este grupo excepcional, tanto deportiva coma persoalmente” explicou o preparador laranxa, que cualificou a súa experiencia co Burela FSF Pescados Rubén como “o primeiro paso dun proxecto cun gran futuro entre os mellores”.

Pola súa banda, Manuel Blanco expresou a satisfacción da entidade por contar de novo “cunha aposta segura entre os profesionais do fútbol sala”. “Coñecemento e aptitudes fan de Pardeiro un adestrador de calidade incuestionable; estamos orgullosos de seguir traballando con el por e para o fútbol sala feminino”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores