Noticias
12 de abril de 2010
O Burela FSF, arroupado por Raquel Arias na Copa de España

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, acompañou o Burela FSF Pescados Rubén na véspera da súa estrea na XVI Copa de España.

O xoves pasado, Arias trasladouse a Ourense para mostrar o seu apoio ao equipo mariñán, nunha xuntanza na que tamén estiveron presentes os vicepresidentes do club, José Saa e Manuel Blanco, e o directivo Marcelino Luna. En sinal de gratitude, o conxunto burelista fíxolle entrega á delegada territorial dunha camisola do Burela FSF asinada por xogadoras e equipo técnico.

Así mesmo, a entidade laranxa tamén quere expresar o seu agradecemento ao delegado de Deportes da Xunta en Lugo, José Manuel Rozas, e ao deputado provincial e portavoz do PP en Burela, José María González Barcia, que apoiaron o debut do Burela FSF na Copa asistindo ao encontro dos cuartos, ante o Femesala Elche, o venres pasado.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores