Noticias
13 de abril de 2010
Brillo laranxa na Copa de España

Máis de medio centenar de afeccionados/as acompañaron o Burela FSF Pescados Rubén no seu debut na XVI Copa de España en Ourense o venres pasado, ante o Femesala Elche. O pavillón dos Remedios brillou coa presenza da afamada bancada mariñá, composta por unha nutrida representación da peña Soles Laranxas, que se desprazou en autobús, e outros/as seareiro/as que se trasladaron ata a cidade auriense en vehículos particulares.

Cun prestixio consolidado dende o nacemento do club, en 2001, e xa recoñecidos oficialmente na tempada 2006-07 como a mellor afección de Prata pola LNFS, os/as seguidores/as burelaos/ás foron, unha vez máis, a cor e a ledicia das bancadas e non deixaron de facerse sentir cos cánticos de ánimo para o Pescados Rubén, que, a pesar da súa coraxe, non puido superar as todopoderosas e experimentadas ilicitanas (6-2).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores