Noticias
15 de abril de 2010
O Burela FSF retoma os adestramentos

O Burela FSF Pescados Rubén regresa hoxe aos adestramentos despois da súa participación na XVI Copa de España o venres pasado en Ourense, aínda que esta fin de semana non haberá competición debido aos compromisos da Selección Española ante Rusia.

As pupilas de Javier Pardeiro terán máis tempo para preparar a súa vindeira cita na liga de Honra; será o 24 de abril (20.00 horas), na pista do Atlético de Madrid Navalcarnero, outro dos batidos nos cuartos da Copa. Dende a sétima praza, as laranxas atoparanse na meseta cun rival que as avantaxa nunha posición, igualado a 42 puntos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores