Noticias
16 de abril de 2010
O sprint burelao arrinca na pista navarra

Despois de acadar a clasificación matemática para o play off a semana pasada, o Burela FS terá que afanarse nas tres últimas xornadas. O sprint laranxa arrincará mañá ante o OPDE Ribera Navarra, no pavillón municipal Elola de Tudela, a partir das 19.15 horas, coa presenza do presidente da LNFS, Javier Lozano, na bancada.

O cadro de Suso Rey chega á vixésimo oitava xornada de Prata con todos os seus efectivos para obter un novo éxito na conservación da segunda praza, que ostenta con 52 puntos, e continuar con opcións de alcanzar o liderado, nas mans do Grupo Empresas Talavera a 4 puntos.

O 4-1 en Vista Alegre fronte ao actual undécimo clasificado concédelles aos mariñáns moitas papeletas para repetir vitoria, aínda que sen demasiada confianza. A reestruturación do mercado de inverno, coa chegada do técnico Víctor Acosta e do ala Passarinho, serviulles aos navarros para mellorar substancialmente os resultados; dos seus oito triunfos, sete obtivéronos na segunda volta, período no que tan só foron derrotados en tres ocasións (Delta Badajoz, BP Andorra e Camping El Escorial) e como visitantes.  

Nesta fin de semana, os rivais do Talavera e Gijón-El Llano, primeiro e terceiro, tamén pertencen á metade baixa da táboa. Os castelano-manchegos visitarán o décimo terceiro, La Muela, e os asturianos viaxarán a Lanzarote, noveno.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores