Noticias
20 de abril de 2010
Burela acollerá a Copa da Mariña benxamín o 24 de abril

A vila de Burela acollerá a Copa da Mariña na categoría benxamín o vindeiro sábado, 24 de abril, baixo a coordinación do CD Burela FS.

Oito equipos, distribuídos en dous grupos, participarán na fase previa do campionato, nos pavillóns Monte Castelo e Vista Alegre. Praia de Covas, Cervo, Burela A e Santiago de Foz competirán no Grupo A e Mondoñedo, Burela B, Xove e A Pontenova farano no B.

O club laranxa tamén contará con representación na categoría alevín da Copa, que se xogará o mesmo día en Xove e Foz. Entre un total de doce conxuntos, o Alevín B burelista terá que enfrontarse nesta eliminatoria a Riotorto (10.30 horas) e Mondoñedo (15.00), no municipal de Xove.

A fase final de ambas as dúas categorías disputarase o 8 de maio, nos colexios do Pilar e Martínez Otero de Foz. En benxamíns, clasificaranse os dous primeiros de cada grupo e, en alevíns, tan só accederán os campións de grupo.

Burela FS-Badajoz. O club laranxa convidará a todos os participantes na Copa da Mariña benxamín e alevín a presenciar o encontro do sábado entre o  Burela FS e o Extremadura Delta Badajoz, en Vista Alegre (18.30 horas), o último que os mariñáns disputarán na casa antes do play off de ascenso á División de Honra.

 

Pavillón Monte Castelo

10.00 horas- Praia de Covas-Cervo
10.45 horas- Burela A-Santiago de Foz
11.30 horas- Xove-A Pontenova
12.15 horas- Santiago de Foz-Praia de Covas
13.00 horas- A Pontenova-Mondoñedo
13.45 horas- Burela A-Praia de Covas
14.30 horas- Xove-Mondoñedo

 

Pavillón Vista Alegre

10.00 horas- Mondoñedo-Burela B
12.00 horas- Cervo-Burela A
12.45 horas- Burela B-Xove

13.30 horas- Cervo-Santiago de Foz
14.15 horas- Burela B-A Pontenova

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores