Noticias
25 de abril de 2010
As burelás caeron ante Navalcarnero malia un extraordinario segundo tempo

O equipo laranxa comezou ben, pero as madrileñas adiantáronse ata poñer o 3-0 no electrónico. Só Claudia foi quen de marcar no minuto 19, inmediatamente despois de que Elena anotara o terceiro para o Atlético de Madrid.

A segunda parte tivo unha clara cor visitante. As pupilas de Pardeiro chegaron a enviar catro balóns ao poste e mesmo erraron un dobre penalti. Malia a derrota, o Burela FSF Pescados Rubén deu unha excelente imaxe ante un dos mellores cadros da categoría.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores