Noticias
27 de abril de 2010 Foto: Alcoa-San Cibrao
Jozi e Claudia participan na Semana da Saúde de Alcoa-San Cibrao

As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Jozi de Oliveira e Claudia Rodríguez participaron onte pola tarde nunha charla-coloquio en San Cibrao, integrada na VI Semana da Saúde, Seguridade e Medio Natural organizada pola multinacional alumínica Alcoa (26-30 de abril).

Jozi e Claudia trasladáronse ata as instalacións de Alcoa-San Cibrao para compartir as súas experiencias como deportistas de elite con empregados/as do complexo e familiares, ademais do alumnado do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo de Burela. Xunto ás futbolistas laranxas, tamén participaron no acto o adestrador de Leche Río Breogán, Rubén Domínguez; a campioa de España de duatlón Virginia Jiménez; o campión galego e español de light contact José Manuel Fernández e o diplomado en Educación Física e técnico de diversas disciplinas Pedro Esmorís.

A través de conferencias, coloquios e talleres prácticos, Alcoa-San Cibrao busca nesta iniciativa unha reflexión sobre a saúde e a prevención de riscos laborais. Unha campaña contra o tabaquismo e un sobre nutrición saudable compartiron a xornada inaugural co Burela FSF. Outros dos temas que se abordarán na Semana da Saúde 2010 serán a segregación de ruídos, o aforro de enerxía e o novo réxime de sancións de tráfico, ademais de desenvolver cursos de primeiros auxilios para o estudantado mariñán e xornadas de voluntariado.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores