Noticias
27 de abril de 2010
Juanma e Edu, nas II Xornadas Técnicas Valle del Narcea

Os burelistas Juanma e Edu protagonizaron onte as II Xornadas Técnicas de Fútbol Sala Valle del Narcea xunto ao alumnado do club asturiano Cangasport, baixo a coordinación de Daniel Cuervo.

O pavillón do instituto Cangas del Narcea acolleu dúas sesións, entre as 17.30 e as 20.00 horas, centradas na importancia do xogo como método de aprendizaxe e nos conceptos técnico-tácticos de pase e mobilidade. No primeiro adestramento, Juanma e Edu compartiron os seus coñecementos con nenos/as de 4 a 8 anos. A segunda sesión estivo dirixida a rapazas/es entre os 12 e os 21.

A visita dos xogadores laranxas está integrada no convenio de colaboración que o CD Burela FS e Cangasport asinaron a finais de 2009, mediante o cal o club mariñán ofrece o seu persoal na formación do alumnado asturiano, ademais de disputar amigables e intercambiar xornadas de convivencia coa entidade canguesa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores