Noticias
28 de abril de 2010
FS A Mariña continúa na pelexa pola primeira praza de Todos polo Fútbol

O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña continúa na pelexa pola primeira praza do campionato galego ‘Todos polo Fútbol’,  a pesar da derrota de onte ante APEM Cee (0-3), no pavillón Monte Castelo.

Despois da rifada vitoria a domicilio co Porta Nova (2-3), o venres 16, os rapaces do FS A Mariña tiveron un pequeno tropezo ante os ceenses, que non lles impide seguir na loita polo liderado, empatados a puntos co outro máximo candidato, APEM Coruña.

A falta de tres xornadas, os mariñáns clausurarán a liga a finais de maio, cos desprazamentos a Carballo e Cambre e o recibimento de APEM Coruña.

Fase final. A Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’ retomarase o 2 de xullo en Burela, coa celebración da fase final. Como anfitrioa, a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña contará coa colaboración do CD Burela FS, ademais do Concello de Burela e a Deputación de Lugo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores