Noticias
29 de abril de 2010
Sorteo laranxa dun Toyota Yaris

Como celebración da súa quinta tentativa por acadar a Honra, e con moi boas sensacións, o Burela FS, en colaboración con Eje Atlántico 3000, sorteará un Toyota Yaris entre a súa afección, no mes de maio, no primeiro partido de play off en Vista Alegre.

En plena crise económica mundial, o club laranxa aperta o cinto para agraciar a un dos seus seareiros/as con, nada máis e nada menos, que un coche a estrear, totalmente equipado. Por tan só 10 euros a papeleta, calquera pode resultar premiado/a con este Toyota Yaris, preparado para saír á rúa, cos impostos de matriculación e rodaxe incluídos, ademais dun ano de seguro contratado.

O CD Burela FS porá á venda un total de 2.000 rifas. Todas as persoas interesadas poderán adquirilas nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado); nos establecementos burelaos A Parrillada de Jandro, Vista Alegre e O Trisquel; no pavillón Vista Alegre, durante os partidos do Burela FS e Burela FSF Pescados Rubén; e en Living Sport, en Foz.

A data exacta do sorteo, realizado ante notario durante o descanso do partido, dependerá do calendario da fase de ascenso, que se coñecerá ao remate da liga regular. Ata ese día, o coche estará exposto nas inmediacións do pavillón, coincidindo cos encontros dos conxuntos masculino e feminino como locais.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores