Noticias
29 de abril de 2010
Os infantís inician a Copa Autonómica

O conxunto Infantil A do Burela FS disputará esta fin de semana o primeiro encontro dos cuartos da Copa Autonómica; será o sábado, 1 de maio, ante O Barval FS, no pavillón burelao Vista Alegre, a partir das 16.00 horas.

Con partidos de ida e volta, esta primeira eliminatoria tamén enfrontará a Cidade de Narón-CP Casás e O Parrulo FS-Vigo 2015 FS; o Azkar Lugo pasa directamente ás semifinais como campión da liga 2010.

O club mariñán tamén contará con representación cadete na Copa Autonómica; os laranxas disputarán o pase á seguinte fase cos transportistas entre o 8 e o 15 de maio. Os outros cruzamentos da categoría estarán compostos por Autos Lobelle-Troula FS, Cidade de Narón-O Parrulo FS e Os Meigallos-ADFS Bueu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores