Noticias
1 de maio de 2010
Primeira igualada da tempada para o Burela FSF Pescados Rubén

O Burela FSF Pescados Rubén cultivou o seu primeiro empate da tempada no duelo ante o Zaragoza, que levou un punto de Vista Alegre. O choque finalizou con igualada a dous tantos nun partido discreto do cadro local.

O guión do encontro transcorreu como estaba previsto xa que as zaragozanas apostaron por unha defensa moi pechada e o Burela era o dono da posesión. A escasa mobilidade e a pouca fluidez no xogo laranxa propiciou que ao descanso se chegase con empate a cero. Na continuación, máis do mesmo ata que Rosana logrou abrir a lata visitante ao transformar unha falta directa.

Co 0-1 a relaxación apoderouse do conxunto burelense, o que lle permitiu ao Zaragoza remontar. Sareta e Bárbara culminaron a contras visitantes, deixando en evidencia a falta de tensión das burelenses. O 1-2 activou a reacción local aínda que o Burela unicamente puido salvar un punto por mediación de Rosana que estableceu o 2-2 final. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores