Noticias
4 de maio de 2010
Eivissa-Burela FS, a través de Radio Energía Online

A afección laranxa poderá seguir o primeiro partido de play off do Burela FS, ante o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, a través de Radio Energía Online, o vindeiro sábado, 8 de maio (17.30 horas).

Media hora antes do comezo deste encontro da primeira fase de ascenso a Honra, a radio eivisenca arrincará co previo do duelo Eivissa-Burela FS no seu programa ‘Tardes de Fútbol’, que dará paso á retransmisión en directo do partido.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores