Noticias
5 de maio de 2010
Gran churrascada da Pataca Naranxa para recibir o Eivissa o sábado 15

Fiel ao seu equipo, a peña A Pataca Naranxa prepara o seu quinto play off a Honra na bancada para a visita do primeiro rival, o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, o sábado 15 de maio.

Para ir afinando as voces e ensaiando os cantos de ánimo, a afección pataqueira reunirase ese mesmo día nunha gran churrascada nas inmediacións do CEIP Vista Alegre, a partir das 15.00 horas.

O prezo da comida será de 10 euros para adultos/as e 5 para nenos/as. Todas as persoas que queiran sumarse a este macroxantar de play off xa poden retirar os tíckets na cafetería Vista Alegre, a cervexería O Trisquel e A Parrillada de Jandro ou facer a reserva no teléfono 607 748 786.

TROFEOS. Antes do asubío inicial do Burela FS-Space Gasifred (18.30 horas), A Pataca Naranxa fará entrega dos trofeos 2009-10 de Máximo Goleador, a Dani Martín con 28 goles, e Mellor Xogador, a Edu con 158 puntos. O recoñecemento como Xogador Máis Valorado na web pataqueira, na segunda edición do Trofeo Kessarys, tamén o recibirá o pichichi laranxa, grazas aos seus 1279 votos. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores