Noticias
5 de maio de 2010
O CD Burela FS desmente a información de Doblepenalti respecto a Luisjo

O CD Burela FS desmente categoricamente calquera tipo de acordo con Luisjo, xogador do Gijón-El Llano, tal e como informa a revista Doblepenalti, na súa última edición. É máis, en ningún momento a entidade burelense se dirixiu ao xogador xixonés, nin ao seu actual club, para interesarse pola súa situación contractual. A información publicada en Doblepenalti na que asegura que o CD Burela FS ten pechada practicamente a súa contratación é totalmente falsa.

Por outra banda, o club burelense comunica que non se puxo en contacto con ningún xogador alleo ao club en referencia á vindeira tempada. Os esforzos do club están centrados na eliminatoria de play off de ascenso a División de Honra e considera está información un intento de desestabilización do persoal laranxa. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores