Noticias
6 de maio de 2010
Benxamíns e alevíns, nas semifinais da Copa da Mariña

Tras obter a clasificación hai un par de semanas, os conxuntos Benxamín C e Alevín B da EDM Burela FS disputarán as semifinais da Copa da Mariña este sábado en Foz.

Os benxamíns enfrontaranse á ED Mondoñedo no pavillón do colexio Martínez Otero. No caso de saír vitoriosos, o rival da final decidirase entre Praia de Covas e A Pontenova. Os alevíns, pola súa banda, bateranse co AD Santiago de Foz no colexio do Pilar; a outra semifinal protagonizarana O Valadouro e O Pilar.

No acto de clausura da competición, a EDM Burela FS contará con outro representante, o Infantil B, que  recibirá o trofeo de campión da liga de Deporte Escolar 2009-10.

Copa Autonómica. Aos cadetes laranxas tocaralles estrearse o domingo nos cuartos da Copa Autonómica, ante o Azkar Lugo FS en Vista Alegre. O partido de volta será o 15 de maio.


Copa da Mariña-SEMIFINAIS

ED Mondoñedo Benxamín-EDM Burela FS Benxamín C
Sábado 8 de maio, ás 10.00 hroas, no pavillón Martínez Otero de Foz

AD Santiado de Foz-EDM Burela FS Alevín B
Sábado 8 de maio, ás 10.00 horas, no colexio do Pilar de Foz

Copa Autonómica Cadete-CUARTOS

Burela FS-Azkar Lugo FS
Domingo 9 de maio, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Amigables

ACD Xove Prebenxamín-EDM Burela FS Prebenxamín B
Sábado 8 de maio, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Xove

ACD Xove Cadete-Burela FS Cadete B
Sábado 8 de maio, ás 13.00 horas, no pavillón municipal de Xove

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores