Noticias
10 de maio de 2010
O club laranxa abre a venda anticipada para o Burela FS-Eivissa

O club laranxa abriu hoxe a venda anticipada de entradas, nas súas oficinas, para o encontro que enfrontará o Burela FS e o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa o vindeiro sábado (Vista Alegre, 18.30 horas), 15 de maio, na segunda cita da primeira eliminatoria de play off a Honra.

As tarifas para os socios/as burelistas serán de 3, adultos/as, e 2 euros, xuvenís (14-17 anos); os non socios/as deberán pagar 8 e 4 euros respectivamente. As entradas de socio tan só se poderán retirar presentando o carné de abonado da tempada 2009-10.

Os pupilos de Suso Rey recibirán o Eivissa na bomboneira con dobre vantaxe, o triunfo nas Baleares (4-5) e a calor da sempre fiel afección laranxa. No caso de que a eliminatoria (ao mellor de tres partidos) non se decida o sábado, o terceiro e último encontro do cruzamento disputarase o domingo, ás 18.30 horas, en Vista Alegre.

 

[Vídeo resumo Gasifred-Burela]

 

Sorteo. Ata o 15 de maio aínda están a tempo de adquirir rifas para o Toyota Yaris que sorteará (ante notario) a entidade burelista ese mesmo día, durante o descanso do Burela FS-Eivissa, en Vista Alegre.

A persoa premiada, que disporá dun prazo de sete días hábiles para presentar o número gañador nas oficinas do CD Burela FS, estreará un vehículo totalmente equipado e preparado para saír á rúa, cos impostos de matriculación e rodaxe incluídos, ademais dun ano de seguro contratado.

Se aínda non teñen a súa papeleta, poden mercala nas oficinas do CD Burela FS, nos establecementos burelaos A Parrillada de Jandro, Vista Alegre e O Trisquel,  na tenda de deportes focega Living Sport ou en Casa Selmira, de Cangas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores