Noticias
11 de maio de 2010
XII+II Festa da Marosa

O porto de Burela acollerá o vindeiro sábado, 15 de maio, a XII+II Festa da Marosa “Goza co saber do povo”. O evento foi presentado o sábado pasado na casa do concello por representantes da SCDR Palestina, entidade organizadora, coa presenza do delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Antón Veiga, e a concelleira de Cultura de Burela, Neves Cando.

Como vén sendo habitual ao longo destes catorce anos de celebración, a música volverá ser o fío condutor na dinamización da vida cultural da vila.

11.00-13.00 horas: Ruta (a pé ou en bicicleta) para toda a familia, dende o porto ata a praia da Marosa, onde a Banda de Música de Burela, coa axuda de artistas expontáneos, interpretará “Marcha da Marosa” (Edelmiro Fernández).

14.00 horas: Sesión vermú na carpa do porto, a cargo da Banda Tudutene e a Banda de Música de Burela.

15.00 horas: Cocido de Cuadrillas, coa preparación de catrocentas xenerosas racións para xantar entre amigos escoitando boa música na lonxa das redes.

18.00 horas: Teatro musical con “Bicharada” de Berrobambán, na casa da cultura.

22.00 horas: Festival cos grupos Pès de Lán, Linho do Cuco e Lamatumbá.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores