Noticias
12 de maio de 2010
Claudia, Irene, Jozi e Souza visitaron o colexio focego Martínez Otero

As integrantes do Burela FSF Pescados Rubén Claudia, Irene, Jozi e Souza visitaron o luns pola tarde o equipo cadete feminino do colexio Martínez Otero, en Foz.

Acompañadas polo segundo adestrador burelista, Marcelo Santoro ‘Neco’, as representantes laranxas compartiron as súas experiencias e unha sesión técnica con 14 alumnas focegas.

As cadetes do Martínez Otero mostraron especial interese pola traxectoria deportiva de Jozi e Souza e polas diferenzas futbolísticas entre Brasil e España. A cita finalizou coa posta en práctica dalgunhas xogadas.

Burela FSF-Castelldefels. As pupilas de Javier Pardeiro contribuirán a unha fin de semana repleta de fútbol sala en Vista Alegre, xunto ao play off do equipo masculino. O encontro correspondente a vixésimo novena xornada de Honra, ante o Castelldefels FSF, disputarase o domingo 16, a partir das 12.00 horas. A entrada será gratuíta.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores