Noticias
16 de maio de 2010
As burelás vencen (9-0) a un Castelldefels falto de xogo

Non tiveron rival as laranxas malia que o equipo visitante o intentba todo. A posición dos dous equipos na táboa de clasificación quedou clara dende o principio con goles de Souza (1-0) e Dolo (2-0) no inicio do partido. Pasados sete minutos de xogo, Marta xa poñía o 3-0 no marcador e ao descanso chegouse cun claro 6-0.

Tras o descanso, máis do mesmo. Dominio absoluto do Burela FSF Pescados Rubén e máis goles. Lara facía o 7-0 no minuto 30, Ro transformaba o 8-0 no 32 e Dolo faría unha diana máis antes do final (9-0. Minuto 34). Partido de trámite para as de Pardeiro, que tiveron o control do xogo e fixeron as ocasións.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores