Noticias
18 de maio de 2010
Venda anticipada para a 2ª fase de play off, ante o Puertollano

A partir de mañá, o club laranxa porá á venda, nas súas oficinas, as entradas para o encontro que enfrontará o Burela FS e o Puertollano FS Restaurante Dacho o vindeiro sábado (Vista Alegre, 18.30 horas), 22 de maio, no primeiro encontro da segunda eliminatoria de play off a Honra.

As tarifas para os socios/as burelistas serán de 3, adultos/as, e 2 euros, xuvenís (14-17 anos); os non socios/as deberán pagar 8 e 4 euros respectivamente. As entradas de socio tan só se poderán retirar presentando o carné de abonado da tempada 2009-10.

Os pupilos de Suso Rey plantáronse nesta segunda fase despois de sentenciar a fase ante os eivisencos en dous encontros. Despois do 4-5 acadado nas illas, o Burela FS mediuse en Vista Alegre a un rival que soubo aproveitar as escasas ocasións das que gozou para poñerse por diante no marcador. No entanto, a seriedade do xogo laranxa, co apoio incansable da afección, conseguiu impoñerse, cun 3-2 na prórroga.

Tras o duelo na bomboneira, os mariñáns visitarán o pavillón Antonio Rivilla de Puertollano o venres 28, ás 20.30 horas. No caso de que sexa necesaria unha terceira cita, será o domingo 30, ás 12.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores