Noticias
19 de maio de 2010
A Pataca Naranxa volverá xuntar forzas para a segunda eliminatoria

Coa ledicia aínda no corpo tras superar o primeiro obstáculo, o do Eivissa, A Pataca Naranxa xa está inmersa noutro remuíño de preparativos para a visita do Puertollano FS Restaurante Dacho, o vindeiro sábado, 22 de maio (Vista Alegre, 18.30 horas). Deste xeito, a peña burelista organizará unha nova festa, nas inmediacións da escola infantil da vila, a partir das 15.00 horas.

A denominada ‘Carpa do Ascenso Pataca Naranxa’ acollerá a celebración de todos os afeccionados e afeccionadas ao fútbol sala cunha gran verbena ata o comezo do espectáculo na bomboneira.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores