Noticias
23 de maio de 2010
As laranxas empatan na Rioxa (4-4) e aférranse á sexta praza


O Burela FSF Pescados Rubén conseguiu 1 punto hoxe na pista do Diamante La Rioja (4-4), co que pode durmir na sexta praza de Honra, na tentativa de pechar a súa primeira tempada na elite entre os mellores.

Foron as laranxas as que tomaron a iniciativa no marcador, no minuto 5, cun tanto de Ro, pero dous minutos máis tarde chegaba a igualdada de Peque, de cabeza, sen máis variación ata o descanso.

O verdadeiro baile goleador comezou na segunda parte. De novo, a vantaxe foi para as mariñás, materializada por Souza nun pase de Dolo. No entanto, as habilidades anotadoras concentráronse nas zapatillas da diamantina Rocío, que empatou e adiantou as locais entre o minuto 31 e o 34, desde a área pequena. Souza, en combinación con Ro, volveu aparecer para o 3-3, no 36, coa saída da porteira-xogadora; pero, de novo, as rioxanas perforaron a portería laranxa (minuto 39). O xogo de cinco tivo a súa recompensa, o 4-4, nos últimos segundos cun lanzamento baixo de Ro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores