Noticias
24 de maio de 2010
O Toyota Yaris sorteado polo CD Burela FS vaise para A Coruña

O CD Burela FS xa atopou o dono do Toyota Yaris sorteado o pasado 15 de maio, ante notario, durante o descanso do Burela FS-Eivissa. O vehículo irase para A Coruña, onde reside o posuidor do número premiado (1076), Rosendo Rouco López, natural de Vilalba e con vínculos familiares na comarca mariñá.

Rosendo López foi recibido o sábado pasado, nas oficinas do pavillón Vista Alegre, polo directivo da entidade burelista Marcelino Luna, quen puido verificar a validez da papeleta premiada.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores