Noticias
27 de maio de 2010
Próximo destino da base laranxa, o V Torneo 'Ciudad de La Coruña'

A base laranxa regresará esta fin de semana a terras coruñesas para participar no V Torneo ‘Ciudad de la Coruña’, baixo a organización do club local Hércules FS.

Nos cuartos de final da competición, o pavillón municipal Barrio das Flores reunirá diferentes categorías de nove clubs galegos: Cidade de Narón, SD Guitiriz, Troula FS, Bueu FS, O Parrulo FS, Azkar FS e Mera FS, ademais do CD Burela FS e da entidade anfitrioa. A escola burelista terá dous encontros o sábado: o Benxamín C medirase ao Parrulo (11.30 horas) e o Alevín B enfrontarase ao Bueu (16.00). O domingo será o día do Cadete A, que se verá as caras co Guitiriz (19.00 horas), e do Infantil B, que loitará co Hércules A (20.00).

As semifinais e finais disputaranse entre o sábado 12 de xuño e o domingo 13.

Outras citas. A axenda da EDM Burela FS para esta fin de semana complétana o Prebenxamín B e o Infantil A, con senllos amigables ante a ACD Xove, o sábado, en Vista Alegre (11.00 e 12.00 horas).

 

Sábado 29 de maio-CUARTOS

9.30 horas: O Parrulo-Hércules (ALEVÍN)
10.30 horas: Cidade de Narón-Hérculos (BENXAMÍN)
11.30 horas: EDM Burela FS C-O Parrulo (BENXAMÍN)
12.30 horas: Hércules-O Parrulo (PREBENXAMÍN)

16.00 horas: EDM Burela FS B-Bueu (ALEVÍN)
16.45 horas: Troula FS-Azkar (PREBENXAMÍN)
17.30 horas: Azkar-Bueu (BENXAMÍN)
18.15 horas: Guitiriz-Azkar (ALEVÍN)
19.00 horas: Bueu-Azkar (INFANTIL)
20.00 horas: Azkar-Bueu (CADETE)

Domingo 30 de maio-CUARTOS

9.30 horas: Troula FS-Guitiriz (BENXAMÍN)
10.30 horas: Cidade de Narón-Troula FS (ALEVÍN)
12.30 horas: Hércules B-Cidade de Narón (INFANTIL)

16.00 horas: O Parrulo-Hércules (CADETE)
17.00 horas: O Parrulo-Guitiriz (INFANTIL)
18.00 horas: Mera-Cidade de Narón (CADETE)
19.00 horas: Burela FS A-Guitiriz (CADETE)
20.00 horas: Hércules A-EDM Burela FS B (INFANTIL)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores