Noticias
29 de maio de 2010
O Burela remonta na segunda parte e vence ao Móstoles

O Burela FSF Pescados Rubén superou o Móstoles por 5-4 nun final de encontro trepidante que Lucía decantou para as burelenses. O primeiro período estivo falto de intensidade por ambas as partes pero o Móstoles aproveitou mellor as súas ocasións para tomar vantaxe de 0-2 ao descanso. Na continuación, o decorado variou totalmente cun Burela con maior mordente e eficacia. Lucía iniciou o camiño da remontada para establecer, con dous goles, o empate no marcador. Acto seguido responderon as madrileñas que lograron colocarse cun 2-4 que as laranxas volveron remontar por mediación de Dolo, Lidia e finalmente Lucía que marcou o tanto da vitoria a 30 segundos do final.

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores