Noticias
31 de maio de 2010
Grazas, simplemente grazas!

A magnífica tempada do Burela FS non puido ter un final todo o feliz que a gran familia laranxa desexaría, que se despide con honra e elegancia. A liga 2009-10 rematou onte e agora toca pasar páxina, pero non sen antes facer unha especial mención aos grandes protagonistas, a todas e cada unha desas persoas que fan posible que o gran soño da Marea Laranxa se repita ano tras ano.

Antes de poñerse mans á obra na prepararación dun novo proxecto igual de ilusionante e cativador, o CD Burela FS fai un alto no camiño para amosar a súa máis sincera gratitude a todas as institucións e colaboradores que apoiaron o equipo na súa viaxe por Prata en 2009-10, un equipo do que a xunta directiva da gran nave laranxa se sente inmensamente orgullosa polo traballo e esforzo demostrados durante toda a tempada.

E, como non!, dende o club tamén queremos agradecer a presenza inestimable do sexto xogador: o apoio prestado por todos os seareiros e seareiras ao longo da liga e do play off e, especialmente, da peña A Pataca Naranxa, polos seus desprazamentos co equipo por toda a xeografía española. A afección laranxa sempre está onde se necesita.

 

Grazas a todos os que facedes realidade o soño do fútbol sala!!!!

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores