Noticias
2 de xuño de 2010
O Burela FS recorre a sanción de 4 partidos imposta a Minu ante o Puertollano

O Burela FS recorreu esta mesma mañá a sanción de 4 partidos de suspensión para Minu imposta pola RFEF por ser o responsable dunha suposta agresión ao remate do terceiro encontro de play off ante o Puertollano FS Restaurante Dacho, baseándose no reflectido na acta arbitral.

No suceso mencionado, o xogador burelista foi a vítima e non o agresor e así se deixa constancia no apartado de incidencias do devandito documento: “… D. Antonio Minuesa do CD Burela FS encárase con xogadores do equipo contrario e ao retirarse o encargado de material D. Carlos  Palomos Pecos do equipo Puertollano FS dálle un golpe no lombo co seu puño dereito”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores