Noticias
4 de xuño de 2010 Foto: Carlos Echevarría
As burelás enfróntanse á metade baixa da táboa en Soto del Real

O Burela FSF Pescados Rubén afronta a antepenúltima xornada de Honra en Soto del Real ante un rival da metade baixa da táboa, que foxe dos postos de descenso. O duelo entre madrileñas e burelás será o domingo, no pavillón municipal sotorrealeño, ás 13.30 horas.

Dende a sétima posición e con 50 puntos, as laranxas pelexarán de novo por tres puntos que lles conservarán unha semana máis o seu estatus nunha zona media da clasificación moi rifada. As pupilas de Javier Pardeiro tentarán repetir a vitoria da bomboneira (2-0) e rachar coa liña de evolución máis recente das madrileñas, que conseguiron 7 dos seus 26 puntos nas tres últimas xornadas (Pinto Cellosa Torrejón 1-4, UCAM Murcia 4-3, Preconte Telde 2-2) e se manteñen duodécimas, a dúas prazas da área de perigo.

As laranxas deberán aproveitar a oportunidade da trixésimo segunda xornada, que non se presenta nada doada para os seus rivais directos: o Valladolid, sexto (50 puntos) recibirá o cuarto, UCAM Murcia (56), e o Navalcarnero, dende a sétima posición (49), visitará o terceiro, Móstoles 65). 

 

Últimas citas. O vindeiro sábado, 12 de xuño, o Burela FSF despedirase de Vista Alegre no seu ano de debut na elite cun encontro de espectáculo garantido, ante o segundo clasificado, Femesala Elche. A última xornada da tempada laranxa será fóra da casa, o 19 de xuño, fronte ao Valladolid FSF, nun duelo de iguais.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores