Noticias
6 de xuño de 2010
O equipo feminino vence en Madrid por 2-4

As de Javier Pardeiro foron superioras en todo momento, aínda que pasaron algún apuro cando as locais apostaron pola porteira-xogadora. Comezou anotando Claudia o 0-1 a pase de Ro, cando só levaban xogados 6 minutos da primeira parte. Rosana fixo o 0-2 a poucos segundos do descanso.

O xogo seguiu sendo das laranxas e Ro volvía a marcar no 29 logo dun gran pase de Dolo ao segundo pau. Vero deulle folgos ao Soto del Real cun gol no 31 (1-3), pero Claudia batía de novo a meta local cando empezaban a xogar con cinco para intentar darlle a volta a un resultado que se lles complicaba definitivamente (1-4. Minuto 32).

Pese á presión rival, o Burela FSF xa só cedeu un gol máis no último treito do encontro (2-4. Minuto 37), pero xa estaba decidida unha vitoria que en ningún momento viron perigar as mariñás, que volvían deste xeito cun merecido trunfo de Soto del Real, por xogo e por oportunidades.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores