Noticias
9 de xuño de 2010
A Pataca Naranxa despide a tempada cunha cea na Parrillada de Jandro

A peña burelista 'A Pataca Naranxa' celebra o vindeiro sábado día 12 unha cea de fin de tempada. Os representantes do colectivo laranxa animan a tod@s os siareir@s, soci@s e non soci@s, a unirse a este acto de despedida de tempada no que, sen dúbida, se lembrarán múltiples anécdotas da tempada.

A convocatoria é ás 22:00 horas na Parrillada de Jandro de Burela e todo os interesados/as poden retirar o seu ticket na mesma parrillada, na Cafetería Vista Alegre ou na Cervecería O Triskel. Tamén poden realizar a súa reserva no seguinte teléfono de contacto: 607.748.786. O prezo do ticket é de 15 € para soci@s, e 25 € para os non soci@s.

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores