Noticias
11 de xuño de 2010
Antón Veiga: "A meta non é o final senón o principio dunha carreira"

Carta de felicitación do Delegado de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo ao CD Burela FS, dirixida ao presidente do club, José Ramón González Casas.

 

"A meta non é o final senón o principio dunha carreira"

E nesa apaixonante carreira seguiremos acompañándovos desde a Área de Deporte da Deputación de Lugo. Recibide pois os nosos parabéns polo magnífico traballo realizado na presente tempada en todas as categorías, masculina e feminina.

Sen outro particular, agardando que fagas extensible a devandita felicitación a toda a xunta directiva, xogadores/as e afección do CD Burela FS, recibe un cordial e afectuoso saúdo.

 

Atentamente

Antón Veiga Outeiro
Delegado de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo

 

CD Burela FS. A entidade laranxa agradece a felicitación de D. Antón Veiga Outeiro, así como o apoio da institución que representa e, particularmente, a súa presenza durante o play off de ascenso a División de Honra do equipo masculino.

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores