Noticias
11 de xuño de 2010
Vista Alegre despide a tempada coma xuíz do título da Divisón de Honra

O Burela FSF Pescados Rubén despide a tempada en Vista Alegre ante o todopoderoso Femesala Elxe, que se xoga o campionato de liga no feudo laranxa. O duelo, correspondente á penúltima xornada de División de Honra, terá lugar o sábado día 12, a partir das 18:30 horas.

Na cita veranse as caras dous equipos con sensacións atopadas. Como equipo local, o Burela Pescados Rubén; o conxunto dirixido por Javier Pardeiro quere selar a súa brillante estrea na máxima categoría nacional “coa intención de poñerlle o broche de ouro á excelente tempada que están a realizar a miñas xogadoras. A nosa ambición é vencer ao Femesala co que lograriamos gañarlle a tódolos equipos considerados grandes, nunha tempada para enmarcar, e adicarllo á nosa afección”.

E como visitantes, o Femesala Elxe que iniciou a tempada coa intención de reconquistar o dominio nacional e afronta esta penúltima xornada de liga con moita presión. O equipo dirixido por Maravillas Sansano xógase a liga. A un punto do líder, Cajasur Córdoba, unha derrota en Burela sumado a un triunfo cordobés en Logroño, suporía despedirse do título ligueiro. Respecto diso, Javier Pardeiro indicou que “a presión para o Femesala é máxima. Non pode permitirse ou luxo de perder connosco xa que, con moita probabilidade, finalizaría a tempada sen conquistar ningún título e iso para un club con ese potencial sería un duro golpe”.

O técnico burelense considera fundamental para lograr a vitoria “a concentración do equipo durante todo o encontro. Estamos ante un conxunto moi poderoso aínda que sabemos que temos as nosas opcións como demostramos no partido da primeira volta”. Vista Alegre ditará a sentencia.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores