Noticias
14 de xuño de 2010
Purao continuará no Burela FS

Anderson de Almeida Gomes, Purao, continuará polo menos dous anos vinculado ao CD Burela FS tras asinar a súa renovación coa entidade laranxa. O peche hispano-brasileiro, que cumpre dous anos no club, tivo palabras de agradecemento “para o Burela, por contar comigo, e para esta gran afección que nos acompañou durante toda a tempada”. “Para min é un orgullo vestir a camiseta laranxa, e estou moi contento por asinar a renovación”, declarou o xogador.

O vicepresidente Manuel Branco destacou a “gran profesionalidade de Purao, que se integrou plenamente no día a día do club e da comarca, e colabora coas escolas deportivas”.

Purao tamén afirmou que “nunca antes me sentín tan cómodo e apreciado como en Burela, tanto eu como a miña familia. E estas cousas non se esquecen”. “O fútbol sala éo todo para min. A este deporte débollo todo, por iso dareino todo para que este club chegue a onde merece”, sentenciou.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores