Noticias
12 de xuño de 2010 E.P.
O Burela volveu a caer ante o Femesala que lle endosou un contundente 0-6

O Femesala Elxe volveu ser a besta negra do Burela FSF Pescados Rubén nesta tempada. Por terceira vez, dúas en Liga e unha na Copa, o triunfo no enfrontamento entre ambos equipos foi para as ilicitanas, que esta vez impuxéronse por vez primeira no Vista Alegre, por 0-6. O triunfo permite ao conxunto levantino chegar á última xornada con opcións de conquistar o título, mentres que a derrota impide ás mariñás afianzarse na sexta posición.

O comezo do encontro resultou nivelado, con dominio alterno e escasa profundidade de ambas escuadras. O Burela FSF levou a iniciativa, pero o Elxe respondeu con rápidas contras. Un lanzamento dunha xogadora visitante, rexeitado por Jozi, permitiu ao Femesala colocarse con 0-1 no marcador, grazas a unha atenta Laura.

O cadro de Pardeiro respondeu con bo xogo, pero se estrelou con dous postes, mentres que o Elxe volveu ser letal nunha contra tras unha perda de balón das xogadoras locais, esta vez aproveitada por Susana. Con 0-2 no marcador chegouse ao descanos e na continuación o Burela queimou todas as súas naves nos primeiros dez minutos, intentando recortar diferenzas. As de Pardeiro embotellaron ao rival, nalgúns momentos, pero xurdiu a figura de Ju Delgado, a mellor xogadora sobre a pista, para elevar o terceiro gol.

O tanto deixou sen respostas ao conxunto local, que intentou o seu último cartucho utilizando a Dolo como porteira-xogadora. As mariñás tiveron o balón, pero o Femesala demostrou o seu oficio e liquidou con suficiencia os ataques locais. Os últimos minutos foron xa anecdóticos, pero o conxunto ilicitano soubo aproveitalos para anotar tres tantos máis, dous deles de Noelia, mentres que o Burela FSF quedou sen marcar no seu último partido en casa.

 

TRAXECTORIA BRILLANTE. A derrota non empaña a brillante traxectoria do conxunto mariñán na tempada, aínda que quedou coas ganas de vencer a todos os equipos da zona alta. Só o Femesala Elxe, a súa besta negra, se lle resistiu.

 

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores