Noticias
14 de xuño de 2010
Aberto o prazo de inscrición para a cuarta edición do Campus Burela FS

O CD Burela FS volverá reunir os mellores especialistas do fútbol sala nacional e internacional a mediados de xullo na Mariña para a cuarta edición do Campus Mixto Internacional de Base. Será entre os días 14 e 17.

Todos aqueles/as rapaces/as de entre 7 e 14 anos que queiran gozar deste deporte con xogadores e técnicos de renome poderán reservar a súa praza a partir do luns 14 de xuño.  A folla de matrícula estará á disposición das persoas interesadas nas oficinas do club (avda. Arcadio Pardiñas, número 97) ou a través desta ligazón; www.burelafs.org/campus.

Tarifas. O prezo da matrícula para o alumnado das EDM Burela FS e dos clubs vinculados á entidade laranxa por convenios será de 40 euros e para o resto de 55. Aqueles/as alumnos/as que o desexen tamén poderán escoller entre un réxime de media pensión (35 euros máis) e un de pensión completa (80 euros máis).

Nos próximos días o club burelista pechará a súa lista de convidados/as para o IV Campus Mixto Internacional e ofrecerá información máis detallada.

Con tan só tres edicións ás súas costas, o Campus Burela FS converteuse en todo un referente na axenda deportiva da Mariña tanto polo seu éxito de participación coma polo elenco de profesionais asistentes. Entre os seus invitados dende 2007, visitaron Burela Venancio López, seleccionador de España; José Mª. Pazos ‘Pulpis’, seleccionador de Tailandia; Eduardo Sao-Thiago Lentz ‘Duda’, adestrador de ElPozo Murcia, Bruno García; adestrador do Azkar Lugo e seleccionador de Galicia; María Varela Bardanca, seleccionadora de Galicia Femenina; o ex-internacional Javier Orol… Ademais dos corpos técnicos e cadros masculinos e femininos da entidade burelista.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores