Noticias
16 de xuño de 2010
Gala de Clausura das ED Burela FS

A EDM Burela FS celebra, o venres día 18, a Gala de Clausura da tempada 2009/10 nun acto que se celebrará no auditorio municipal, a partir das 18:15 horas. Durante o evento proxectaranse as mellores fotografías da campaña. Algúns conxuntos da escola continuarán a súa actividade coa participación en diferentes torneos. É o caso dos equipos benxamín e alevín que disputan, os días 19 e 20 de xuño, o V Torneo Fútbol sala Cidade de Betanzos.

Os primeiros en aparecer en escena serán os benxamíns, dirixidos por Carlos, que se enfrontan ao Azkar Lugo FS, o sábado a partir das 10:40 horas. No segundo partido, o seu rival é o CD Rio do Pozo cuxo duelo comeza ás 20:40 horas. Por outra banda, os alevíns, adestrados por Madar, inician o torneo ante o Hércules FS, o sábado ás 11:30 horas. O seu seguinte rival é o Troula FS ?A? ao que se medirán o mesmo día, a partir das 22:20 horas.

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores