Noticias
18 de xuño de 2010
O Burela FSF remata a competición de Honra en Valladolid

O equipo feminino viaxa a Valladolid para disputar o sábado (18:30 horas) a última xornada do campionato. As castelás e o  Burela FS Pescados Rubén vivirán un dos partidos máis igualados entre dous conxuntos separados por un único punto. Ambos rivais pugnarán por alcanzar a sexta praza da clasificación, ocupada na actualidade polo Navalcarnero.

Pardeiro non poderá contar case con toda probabilidade con Lidia para o choque. A xogadora ferrolá estase a recuperar dun golpe sufrido no partido co Femesala Elche.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores