Noticias
21 de xuño de 2010
A EDM Burela FS pechou a tempada coa celebración da gala de clausura

A gala de clausura da EDM Burela FS, celebrada o venres 18, logrou un altísimo nivel de asistencia de alumnos/as da escola burelense, que está integrada por 140 xogadores/as ata a categoría infantil. Alfonso Mera, director da escola laranxa agradeceu “a presenza de todos os asistentes a este acto que ten como obxectivo recoñecer e premiar o esforzo e dedicación de todos os alumnos/as da nosa escola. Tiveron un comportamento notable durante a tempada e estamos moi contentos coa progresión que están amosando”.

Independentemente dos resultados recollidos nas diferentes categorías, Alfonso Mera mostrou a súa satisfacción “porque os alumnos/as asimilaron e progresaron, cada un na súa categoría, nos diferentes conceptos do fútbol sala e, o que é máis importante, nos valores deportivo-educativos que intentamos transmitirlles”.

Ademais de Alfonso Mera, director da escola, presidiron o acto de clausura Marcelino Luna, directivo do club laranxa, e Alfredo Llano, alcalde burelense. Neves Cando, concelleira de Deportes, desculpou a súa ausencia por motivos de saúde.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores