Noticias
22 de xuño de 2010
Jozi ocupará a portería do Burela FSF un ano máis

A xogadora brasileira vén de asinar a renovación co club para a vindeira tempada, logo dun ano de adaptación á División de Honra. “Para min foi un ano moi interesante porque me permitiu participar nunha Liga dun gran potencial deportivo e ademais serviume para coñecer o club e esta grande afección”, dixo Jozi, que estivo acompañada na súa comparecencia polo directivo Marcelino Luna.

Luna quixo destacar a colaboración “constante” de Jozi nas escolas deportivas. O responsable do club tamén afirmou que “esta é unha gran noticia para o fútbol sala feminino na comarca, pois esta xogadora é unha das mellores porteiras da competición e garante, xunto con Irene, que a portería do equipo estea nas mellores mans”.

Joziane de Oliveira é internacional brasileira e vén de disputar a primeira tempada no conxunto que dirixe Javier Pardeiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores